Description
Un aviador atópase perdido no deserto do Sáhara, despois de que o seu avión sufrise unha avaría. Alí coñece o Principiño, que procede doutro planeta.
Mentres o aviador se centra en reparar o seu avión para poder volver a casa, o Principiño explícalle a súa historia e fálalle do seu planeta, a súa rosa, o seu amigo o raposo e os diferentes adultos que encontrou na súa viaxe ata a Terra.
O Principiño é un libro sobre a amizade, o crecemento e a vida, que invita o lector a reflexionar sobre a natureza humana.